PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE PEÓN MEDIOAMBIENTAL E DE SERVICIOS VARIOS
Ven, 03/07/2015 - 10:46
Por Resolución da Alcaldía de data 30 de xuño de 2015, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para unha praza de peón medioambiental e de servicios varios.-
Clase de persoal: Laboral temporal
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Poderán consultar mais información nas bases específicas da convocatoria no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello.
LOBEIRA 03 de xullo de 2015.
O Alcalde,
Asdo. Antonio Iglesias Álvarez.-