Ir o contido principal
Concello de Lobeira logo Concello de Lobeira
  • Galego
  • Español
Inicio

Escudo do Concello

escudo lobeira

Escudo de Lobeira, aprobado pola Xunta de Galicia en data: 27.12.1995, Decreto 336/95, publicado no Diario Oficial de Galicia, núm. 6 de data 09.01.1996.-

O Concello de Lobeira considerou conveniente adopta–lo seu escudo heráldico para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes e peculiares do seu pasado histórico. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións vixentes, elevou o correspondente informe e memoria descritiva para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente instruiuse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para a adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintesete de decembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.–Aproba–lo escudo heráldico do Concello de Lobeira, que quedará organizado do seguinte xeito: de sinople, un lobo de ouro, linguado e uñado de gules; xefe encaixado de ouro. No timbre, coroa real pechada.

Santiago de Compostela, vintesete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
95-8432

Concello de Lobeira 2020 | Política de Protección de Datos | Aviso Legal | Contacto

  • O Concello
    • Saúdo
    • Corporación
    • Escudo
    • Bandeira
    • Servizos
    • Asociacións
  • Datos Xerais
    • Datos Xerais
    • Demografía e Etnografía
    • Actividades Económicas
  • Xeografía
    • Ríos e Montes
  • Historia
    • Patrimonio
    • Documentos Históricos
    • O Libro da Nosa Historia
  • Turismo
    • Localización
    • Feiras e Festas
    • Comer e Mercar
  • Actualidade
    • Novas
    • Axenda
  • Imaxes
  • Contacto
  • E-Administración
    • Información do Concello
    • Normativa Municipal
    • Tramitación
    • Perfil do Contratante
  • Sede electrónica
  • Canle de denuncias

Deseñado por InternetGalicia.net | Adm