Demografía e Etnografía
DISTRIBUCIÓN E EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN
O Concello de conta cunha poboación de 1.010 habitantes e ten unha extensión de 68,9 km2.
Esta poboación está distribuída en sete parroquias (oito contando a Santa Comba, compartida co Concello de Bande) e vinte e seis pobos do seguinte xeito:
-
Parroquia de San Bartolomeu: Fraga.
-
San Martiño de Grau: Cabaleiros.
-
Santa Cruz: Carreiras, As Conchas, Gaiás, Ermille, Santa Cruz e Tedós.
-
San Vicente: Facós, Meás, Quintas, Santa Baia e Vila.
-
Montelongo: Nogueira, Souto e Vilariño de Santa Cristina.
-
Santa Eufemia: Parada e Taboazas.
-
San Xés: A Canle, Sabariz, Senderiz, Torneiros, Baldemir e Vilariño de San Xés.
-
Santa Comba: Chaus e Fradalvite.
Concéntrase a maior parte da poboación na capitalidade do municipio, aínda que se pode observar un descenso xeneralizado da poboación, debido fundamentalmente a que a mala calidade de vida, así como a escaseza de infraestruturas de comunicacións e servizos que caracteriza a toda a zona, e ás zonas rurais de Galicia en xeral, provocaron a emigración a zonas urbanas. Isto unida á escaseza de nacementos, e á alta taxa de envellecemento provoca un descenso importante da poboación.
Desde principios de século advírtese unha alta taxa de emigración, que nun principio se dirixía a ultramar, sobre todo a Venezuela, Cuba e Bos Aires, observándose máis adiante que esta se dirixía fundamentalmente a cidades españolas, sobre todo en Cataluña, País Vasco e zonas industriais de Galicia.
ESTRUTURA POBOACIONAL
O Concello de Lobeira, como ven sendo habitual en Galicia e no resto do territorio nacional, está distribuído por parroquias, constituíndo estas a base da organización territorial. Por isto, unha análise das mesmas daranos unha visión rápida e por zonas da distribución poboacional do Concello.
A distribución dos núcleos en Lobeira responde a situación orográfica da zona.
A superficie do territorio municipal é de 68,9 qm2, e comprende 7 parroquias que pertencen ó Concello na súa totalidade, e outro (Santa Comba) da que soamente pertencen ao Concello de Lobeira dous pobos (Chaus e Fradalvite), pertencendo os demais ó Concello de Bande.
Así, a masa poboacional por pobos e parroquias quedaría reflectida do seguinte xeito:
| Homes | Mulleres | Total | |
| Fraga | 30 | 26 | 56 |
| Cabaleiros | 10 | 17 | 27 |
| PARROQUIA DE SANTA CRUZ | 85 | 97 | 182 |
| As Conchas | 21 | 18 | 39 |
| Gaiás | 20 | 33 | 53 |
| Ermille | 15 | 14 | 29 |
| Santa Cruz | 15 | 9 | 24 |
| Tedós | 4 | 6 | 10 |
| PARROQUIA DE SAN VICENTE | 127 | 120 | 247 |
| Facós | 39 | 36 | 75 |
| Meás | 4 | 6 | 10 |
| Quintas | 49 | 52 | 101 |
| Santa Baia | 13 | 12 | 25 |
| Vila | 22 | 14 | 36 |
| PARROQUIA DE MONTELONGO | 32 | 37 | 69 |
| Nogueira | 10 | 7 | 17 |
| Souto | 9 | 15 | 24 |
| Vilariño | 13 | 15 | 28 |
| PARROQUIA DE SANTA EUFEMIA | 42 | 43 | 85 |
| Parada | 32 | 28 | 60 |
| Taboazas | 10 | 15 | 25 |
| PARROQUIA DE SANTA COMBA | 29 | 35 | 64 |
| Chaus | 25 | 24 | 49 |
| Fradalvite | 4 | 11 | 15 |
| PARROQUIA DE SAN XÉS | 141 | 148 | 289 |
| Canle | 26 | 20 | 46 |
| Sabariz | 20 | 12 | 32 |
| Senderiz | 24 | 34 | 58 |
| Torneiros | 20 | 26 | 46 |
| Baldemir | 17 | 21 | 38 |
| Vilariño | 34 | 35 | 69 |
| TOTAL CONCELLO | 496 | 514 | 1010 |
HABITANTES POR PARROQUIA

| SANTA CRUZ | 182 |
| SAN VICENTE | 247 |
| MONTELONGO | 69 |
| SANTA EUFEMIA | 85 |
| SAN XÉS | 289 |
| SAN BARTOLOMEU | 56 |
| SAN MARTIÑO DE GROU | 18 |
| SANTA COMBA | 64 |
HABITANTES POR IDADES
PIRÁMIDE DE IDADES

| HOMES | MULLERES | TOTALES | |
| 0 - 18 | 12 | 21 | 33 |
| 18-30 | 45 | 37 | 82 |
| 30 - 65 | 216 | 163 | 379 |
| 65+ | 223 | 293 | 516 |
O estudo da densidade de poboación pon de manifesto que o núcleo onde se concentra a maior parte da mesma é na parroquia de San Vicente, e o núcleo más despoboado é a parroquia de Cabaleiros, aínda que hai que ter en conta que tamén é a parroquia con menor número de pobos.
EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ACTIVA DO CONCELLO DE LOBEIRA
A evolución demográfica dun municipio e o desenvolvemento das distintas actividades económicas están en relación directa cun cambia estrutural na composición da poboación activa.
A taxa de actividade e a distribución da poboación ocupada por sectores económicos supón un importante indicador acerca do grao de especialización produtiva, urbanización e desenvolvemento económico.
Unha poboación e potencialmente activa cando as persoas maiores de 16 anos que satisfagan os condicionantes necesarios para un determinado posto de traballo, tanto os ocupados como os parados. A poboación activa en Galicia caracterízase por un elevado emprego no sector agrícola.
Se analizamos por períodos anuais, podemos observar como a poboación ocupada diminuíu nestes últimos anos, aumentando a taxe de paro ao aumentar a poboación activa que quere traballar e non atopa traballo.
A evolución de parados en Lobeira varía pouco ou nada nos últimos anos, sendo no momento actual o número de parados de 31, dos cales 13 son homes e 18 mulleres.
Obsérvase que a taxa de actividade neste municipio é inferior en comparación coa media provincial e autonómica. Isto é debido á emigración da poboación a núcleos máis grandes, e tamén a que unha alta porcentaxe da poboación son “poboación inactiva” debido á xubilación. A poboación xubilada representa a porcentaxe de poboación máis alta.
A taxa de paro é algo inferior á media provincial e autonómica, sendo a taxa feminina superior á masculina, o que demostra unha vez máis que a inserción da muller no mercando laboral ven sendo máis difícil ca do home, debido sobre todo á dificultade de condicional vida familiar e laboral.
Tamén se pode observar que a maior parte da poboación soamente superou os estudos primarios, sendo moi poucos os que teñen estudios universitarios.
Outro feito a destacar sería a importante fracción da poboación que traballa na construción ou empresas relacionadas coa mesma, e que fan que a porcentaxe de parados aumente debido sobre todo á recente crise no sector, e a falta de preparación dos mesmos.
Así, a distribución por sectores quedaría reflectida do seguinte xeito:

| Agricultura | 7 |
| Industria | 3 |
| Construción | 3 |
| Servizos | 21 |
| Sen emprego anterior | 2 |
Por idades:

| Homes | Mulleres | |
| 25- | 0 | 1 |
| 25 - 44 | 7 | 5 |
| 45 + | 6 | 12 |
Resaltar a falta de iniciativa empresarial, a maior parte da poboación confórmase con traballar asalariadamente, ou manter unha pequena explotación agrícola ou gandeira familiar, ou en algún caso crear un negocio familiar.
