Ir o contido principal
Concello de Lobeira logo Concello de Lobeira
  • Galego
  • Español
Inicio

Bandeira

bandeira lobeiraBandeira do Concello de Lobeira, aprobada pola Xunta de Galicia en data: 21.11.1997, Decreto 470/1997, publicado no Diario Oficial de Galicia, núm. 246 de data: 22.12.1997.-

O Concello de Lobeira (Ourense) considerou conveniente adoptar unha bandeira propia na que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e perpetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico– heráldico, co seu correspondente brasón e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteun de novembro de mil novecentos noventa e sete.

DISPOÑO:

Artigo único.–Aproba–la bandeira do Concello de Lobeira (Ourense), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano verde, o lobo de amarelo e, terciado á hasta, un partido encaixado de amarelo.

Santiago de Compostela, vinteun de novembro de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Concello de Lobeira 2020 | Política de Protección de Datos | Aviso Legal | Contacto

  • O Concello
    • Saúdo
    • Corporación
    • Escudo
    • Bandeira
    • Servizos
    • Asociacións
  • Datos Xerais
    • Datos Xerais
    • Demografía e Etnografía
    • Actividades Económicas
  • Xeografía
    • Ríos e Montes
  • Historia
    • Patrimonio
    • Documentos Históricos
    • O Libro da Nosa Historia
  • Turismo
    • Localización
    • Feiras e Festas
    • Comer e Mercar
  • Actualidade
    • Novas
    • Axenda
  • Imaxes
  • Contacto
  • E-Administración
    • Información do Concello
    • Normativa Municipal
    • Tramitación
    • Perfil do Contratante
  • Sede electrónica

Deseñado por InternetGalicia.net | Adm