Ir o contido principal
Concello de Lobeira logo Concello de Lobeira
  • Galego
  • Español
Inicio

ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)

Mér, 18/11/2020 - 19:36

ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) ao abeiro a ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A).-

A elaboración do PLAN é un compromiso adquirido polo Concello ao asinar o Pacto dos Alcaldes, que ten os seguintes obxectivos:

  • Reducir as emisións de CO2 .-
  • Aumentar a eficiencia enerxética.-
  • Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables.-
  • Elaborar un inventario de Emisións de Referencia (IER).-
  • Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático.-
  • Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).-
  • Presentar un documento de seguimento alomenos cada dous anos.-

Polo tanto, amósase que a elaboración do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) é un compromiso adquirido ao asinar o Pacto dos Alcaldes.-

Para cumprir co compromiso adquirido elaborarase o PACES, que é o documento de principal polo que o concello expón cómo pretende acadar os compromisos asumidos, que contén a definición e planificación dos obxectivos estratéxicos, definindo as medidas de mitigación e adaptación deseñadas para acadar os obxectivos, a programación temporal e as responsabilidades asignadas.-

Durante a elaboración do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) deberase realizar un inventario de emisións de referencia (IER) que servirá como punto de partida á hora de determinar as accións a realizar, as estratexias a seguir, ...

Ademais, realizarase unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ao cambio climático do termo  municipal en relación coas principais ameazas climáticas.-

Tras isto realizarase a proposta de plan de acción que terá como obxectivo cumprir cos obxectivos de redución de emisións GEI así como aumentar la resiliencia climática do concello, minimizando os efectos sobre o medio ambiente e as persoas do cambio climático.-

Finalmente deberá establecerse unha metodoloxía para a realización do inventario de seguimento de emisións (ISE) que deberá actualizarse cada dous anos, de xeito que se poida comprobar o cumprimento dos obxectivos fixados.-

O concello comprométese a realizar, cada dous anos, o INFORME DE ACCIÓN, que é un informe de seguimento sobre a implantación do PACES.

Concello de Lobeira 2020 | Política de Protección de Datos | Aviso Legal | Contacto

  • O Concello
    • Saúdo
    • Corporación
    • Escudo
    • Bandeira
    • Servizos
    • Asociacións
  • Datos Xerais
    • Datos Xerais
    • Demografía e Etnografía
    • Actividades Económicas
  • Xeografía
    • Ríos e Montes
  • Historia
    • Patrimonio
    • Documentos Históricos
    • O Libro da Nosa Historia
  • Turismo
    • Localización
    • Feiras e Festas
    • Comer e Mercar
  • Actualidade
    • Novas
    • Axenda
  • Imaxes
  • Contacto
  • E-Administración
    • Información do Concello
    • Normativa Municipal
    • Tramitación
    • Perfil do Contratante
  • Sede electrónica
  • Canle de denuncias

Deseñado por InternetGalicia.net | Adm