Aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para dúas prazas de peóns da Brigada Municipal
Xov, 18/06/2015 - 12:53
Por Resolución da Alcaldía de data 16 de xuño de 2015, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para dúas prazas de peóns da Brigada Municipal.-
Clase de persoal: Laboral temporal
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Poderán consultar mais información nas bases específicas da convocatoria no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello.
LOBEIRA 17 de xuño de 2015.
O Alcalde,
Asdo. Antonio Iglesias Álvarez.-