Skip to main content
Concello de Lobeira logo Concello de Lobeira
  • Galego
  • Español
Inicio

REHABILITACIÓN DO FORNO DE TABOAZAS (Taboazas), INCLUÍDO NO PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE ELEMENTOS CON VALOR ETNOGRÁFICO DO CONCELLO DE LOBEIRA

Vie, 26/03/2021 - 12:09

Ao abeiro Orde do 31 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2020 e 2021, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A) (DOG no 29 do 12 de febreiro de 2020), o Concello de Lobeira realizou a obra de “REHABILITACIÓN DO FORNO DE TABOAZAS (Taboazas), INCLUÍDO NO PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE ELEMENTOS CON VALOR ETNOGRÁFICO DO CONCELLO DE LOBEIRA”.-

Este investimento cun orzamento aprobado de 37.520,67 €, correspondente ó 100% do orzamento total sen IVE, recibiu unha axuda de 37.520,67 euros, e foi financiada integramente polo Programa de desenvolvemento Rural de Galicia (PDR), cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%.-

Esta actuación atópase dentro das actividades subvencionables, que figuran na antedita Orde, por tratarse de actuacións dirixidas á recuperación de elementos  patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional.-

Coa rehabilitación de la edificación conséguese un dobre obxectivo o de rehabilitar edificacións do patrimonio municipal que se atopan nun estado tan pésimo que fai imposible seu uso, e por outra banda cóbrese unha necesidade da poboación desta parroquia ó dotala dun local para uso de Forno.-

Concello de Lobeira 2020 | Política de Protección de Datos | Aviso Legal | Contacto

  • El Ayuntamiento
    • Saludo
    • Corporación
    • Escudo
    • Bandera
    • Servicios
    • Asociaciones
  • Datos Generales
    • Datos Generales
    • Demografía y Etnografía
    • Actividades Económicas
  • Geografía
    • Ríos y Montes
  • Historia
    • Patrimonio
    • Documentos Históricos
    • El Libro de Nuestra Historia
  • Turismo
    • Localización
    • Ferias y Fiestas
    • Comer y Comprar
  • Actualidad
    • Noticias
    • Agenda
  • Imágenes
  • Contacto
  • E-Administración
    • Información del Ayuntamiento
    • Normativa Municipal
    • Tramitación
    • Perfil del Contratante
  • Sede electrónica
  • Canal de denuncias

Deseñado por InternetGalicia.net | Adm